ÚLTIMA HORA!!! OS PIOLLOS DO COLE DE SAN ROQUE FAN A MALETA:
ESTA É A NOTICIA QUE NOS GUSTARÍA ESCOITAR A TOD@S.
PARA CONSEGUIR QUE ESTOS INCÓMODOS BICHIÑOS NOS DEIXEN DE VISITAR, E NON VOLVAN NUNCA MAIS, DECIDIMOS PEDIR A COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA .
ESTA FIN DE SEMANA ADICAREMOS ESPECIAL ATENCIÓN A REVISAR AS CABEZAS D@S NOS@S FILL@S.
SE TOD@S NOS POÑEMOS DACORDO EN ELIMINALOS NA MESMA DATA SERÁ MÁIS DOADO ERRADICALOS.
NO CASO DE ATOPAR PIOLLOS OU LENDRES APLICAREMOS O TRATAMENTO DE FARMACIA SEGUINDO AS INSTRUCCIÓNS DO PROSPECTO. É IMPORTANTE LAVAR AS PRENDAS QUE ESTIVERAN EN CONTACTO COA CABEZA (GORROS, XERSEIS DE CUELLO ALTO, ROUPA DE CAMA....) NESTE CASO REVISAREMOS DIARIAMENTE POR SE É NECESARIO VOLVER A APLICAR A LOCIÓN.
SE NON ATOPADES PIOLLOS NIN LENDRES, NON VOS CONFIEDES E SEGUIDE REVISANDO A MIUDO. TER A CABEZA LIMPA NON É GARANTÍA DE NON COLLELOS.
SE QUEREDES MAIS INFORMACIÓN PODEDES CONSULTAR ESTE ENLACE
www.serpadres.es/.../como-eliminar-los-piojos.html
E AGORA UN VIDEO PARA OS PEQUES...
No hay comentarios:
Publicar un comentario