BENVID@S AO MUNDO DOS GALEGOEMITIS

OS GALEGORMITIS SOMOS 20 NENOS E NENAS DE 5 ANOS, AS SÚAS FAMILIAS E A SÚA PROFE DO COLEXIO SAN ROQUE DE DARBO EN CANGAS DO MORRAZO, PONTEVEDRA, SPAIN, PLANETA TERRA... O ANO PASADO VIAXAMOS POLO MUNDO DE GORM E AGORA ANDAMOS TENTANDO RESOLVER UNHA CHEA DE PREGUNTAS DA VIDA DO NOSO PLANETA. CONFIAMOS QUE ESTA INCURSIÓN NO MUNDO VIRTUAL SIRVA PARA ACHEGARNOS AINDA UN POUQUIÑO MAIS E AXUDARNOS A VIAXAR POLA VIDA ADIANTE. ESTE É O NOSO MUNDO COAS NOSAS IDEAS, ILUSIÓNS, INVESTIGACIÓNS, PREOCUPACIÓNS, ALEGRÍAS... BENVID@S AO MUNDO DOS GALEGORMITIS!!!!!!!

lunes, 22 de noviembre de 2010

AGUS E A SÚA NAI PRESÉNTANNOS A GEO.

OLA FAMILIAS!!
CON ESTE SLIDE DA PRESENTACIÓN DE GEO AOS GALEGORMITIS COMENZAMOS A CONTARVOS AS EXPERIENCIAS DA NOSA CLASE.

AGUS DEUNOS A NOTICIA MOI ILUSIONADO... UNHA PERSOA QUE LLE QUERE MOITO MANDOULLE UN CANCIÑO DENDE CANADÁ!!!.

ENCARNA DECIDIU TRAELO A NOSA CLASE PARA QUE TODOS OS AMIG@S DE AGUS POIDERAMOS COÑECELO.

PUSÉMONOS MANS A OBRA...

PREPARAMOS UNHA ENTREVISTA COAS NOSAS DÚBIDAS PARA PREGUNTARLLE A NAI DE AGUS.

ESCRIBIMOS A NOTICIA ENTRE TOD@S (XA SABEDES, A NOSA MANEIRA) E A COLOCAMOS NO TABOEIRO DA ENTRADA DA CLASE.OS GORMITIS QUE VIAXAN EN BUS LEVAN UNHA COPIA A CASA.


E CHEGA O GRAN DÍA...


COA EMOCIÓN SAIMOS A RECIBIR A GEO.

ENCARNA E AGUSTÍN EXPLÍCANNOS ONDE ESTÁ CANADÁ, COMO SE ESCRIBE GEO,OS COIDADOS QUE NECESITA UN CANCIÑO,COMO É UN CAN...

ENTRE TODOS PENSAMOS COMO POIDO CRUZAR GEO O OCÉANO ATLÁNTICO,TENTAMOS BUSCAR NO DICCIONARIO O SIGNIFICADO DE "GEO", O MEDIMOS, AGARIMAMOS,OBSERVAMOS,PREGUNTAMOS O QUE NON SABEMOS, ESCOITAMOS...E PASÁMOLO ESTUPENDAMENTE.


GRAZAS AGUS POR ENSINARNOS O TEU CANCIÑO... É PRECIOSO!!!


MOITAS GRAZAS ENCARNA POLO TEU SORISO!!!



2 comentarios:

  1. En Canadá falan francés. ¿o can tamén ladra en frances?

    ResponderEliminar
  2. Ola Alfonso!
    Xa vexo que contigo non nos van a faltar as risas.O can sainos moi listiño e cando veu o cole xa ladraba en galego con acento do Morrazo.
    Bicos para Uxía

    ResponderEliminar