OS MARTES CADA NEN@ COLLE O CARNÉ DE BIBLIOTECA, A SÚA CARPETA CO CONTO DA SEMANA ANTERIOR E VAMOS A BIBLIOTECA.
ALÍ ESTAMOS APRENDENDO A:
1. RECOÑECER OS CÓDIGOS DA BIBLIOTECA:
- AS ESTANTERÍAS TEÑEN NÚMEROS PARA ORGANIZAR OS CONTOS.
- A COR AZUL INDICA QUE O CONTO É EN GALEGO.A COR BRANCA CASTELÁ.
- TAMÉN TEMOS UN CÓDIGO DE CORES PARA AS DIFERENTES IDADES.
3.COLABORAR NO REXISTRO DOS CONTOS.LER O NÚMERO DE REXISTRO.
4.COÑECER AS NORMAS DE COMPORTAMENTO NUNHA BIBLIOTECA: FALAR BAIXIÑO, COIDAR DOS CONTOS,ESCOLLER PARA LER NA BIBLIOTECA OS QUE TEÑEN UNHA ESTRELA, COLOCAR OS DAS ESTANTERÍAS NA CAIXA DE CONTOS...
5.SABER ESCOLLER UN CONTO.
6.E SOBRE TODO DISFRUTAR MOITÍSIMO VENDO, CURIOSEANDO E LENDO CONTOS TODOS XUNTOS.
É UN ESFORZO PERO OS MARTES CHEGAN MOI ILUSIONAD@S PORQUE TOCA IR A BIBLIOTECA E O ESTÁN FACENDO MOI BEN.
NA CASA PODEDES APROVEITAR PARA PASAR UN BO RATO XUNTOS LENDO O CONTO.
LEMBRADE TRAER O CONTO DE VOLTA Á ESCOLA ANTES Do MARTES SEGUINTE.
Aproveito para comentarvos que as veces a elección dos libros é sorprendente.
ResponderEliminarHai nen@s que escollen un dos máis vellos e deteriorados pero teñen clarísimo que queren levar ese e non outro.
Outras veces escollen libros que despertan a súa curiosidade e que eu non tiña previsto como é o caso dos comics de Mortadelo,libros de Jerónimo Stilton,libros de maxia, de manualidades...
Eu tamén disfruto moito con eles na biblio.
Saudiños, Pilar
hola son a nai de valeria e vou probar se sae este comentario pois estou empezando con isto de internet e asegurovos a todos que e vastante dificil polo menos para min asi que pidovos paciencia moita paciencia,veña un saudiño a todos.
ResponderEliminargracias Jose Luis polo teu apoio con xente coma vos animase un a fuchicar con estes trevellos sen meter a zoca. un saudiño a toda a familia. e un moi especial para Andrea de parte de Valeria. kiss
ResponderEliminarNoraboa Yoli e benvida o blog!
ResponderEliminarXa ves que isto é poñerse. Todos pasamos por ser novatos neste medio nalgún momento e "se metemos a zoca" pois sacámola e nada mais.
PIlar